Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 2 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico Monte do Cordal (expediente IN408A 2018/33).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Asemade infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, na rolda da Muralla nº 70-2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía, todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias poderán facelo con cita previa obtida no teléfono 982 87 90 88.

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na ligazón https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/monte-do-cordal, na epígrafe de instalacións de xeración.

Lugo, 2 de xuño de 2021

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/33.

Denominación: parque eólico Monte do Cordal.

Concello de Friol (Lugo).

Afeccións en m².

Parcela

Interesado

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Servidume de paso/vieiro

Servidume de paso/gavia

Serv.

voo

8

Descoñecido
(fiscal da Audiencia Provincial)

144

81

Arriba da Chousa

Matogueira

74

374

12

Descoñecido
(fiscal da Audiencia Provincial)

370

258

Monte

Matogueira Piñeiral Madeirable

535

930

2.406

22

Descoñecido
(fiscal da Audiencia Provincial)

370

134

Carballeira

Matogueira

978