Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 1 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución apoio 9O03U0VW na LMT ROS805, no concello de Oia.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución apoio 9O03U0VW na LMT ROS805, no concello de Oia, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 1 de xuño de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1
do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/167-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución apoio 9O03U0VW na LMT ROS805.

Concello: Oia.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36036A038000263

Chavella

Descoñecida

2 de setembro de 2021

12