Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30555

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no primeiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda
e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2021

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de
sinatura

Addenda para a modificación dos acordos da Comisión Bilateral relativos ás áreas de rexeneración e renovación Urbanas da Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e a súa prórroga.

0,00 €

9.2.2021

Acordo de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

0,00 €

15.2.2021