Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30553

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade de varias encargas a medio propio realizadas por esta axencia.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade das seguintes encargas a medio propio:

1. Resolución do 30 de marzo de 2021, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o apoio técnico e administrativo na tramitación das axudas do Inega, entre elas Renove de electrodomésticos e Bono enerxía peme, para o ano 2021.

– Actividade: apoio técnico na tramitación das axudas do Plan Renove de electrodomésticos e Bono enerxía peme.

– Natureza e alcance da encarga: encarga a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de abril de 2021 ata o 31 de agosto de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e catro mil novecentos sesenta e dous euros con seis céntimos (74.962,06 €), con cargo á aplicación orzamentaria 06 A3 733A 227.99 (código de proxecto 201500006).

2. Resolución do 4 de xuño de 2021, do Instituto Enerxético de Galicia, polo que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a obra para calefacción de distrito con biomasa e instalación fotovoltaica para autoconsumo no complexo do antigo Hospital Xeral de Lugo.

– Actividade: realización dunha calefacción de distrito con biomasa e instalación fotovoltaica para autoconsumo no complexo do antigo Hospital Xeral de Lugo.

– Natureza e alcance da encarga: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 1 ano.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2021, o orzamento de execución ascende á cantidade de novecentos noventa e un mil cincocentos sesenta e nove euros con cincuenta e oito céntimos (991.569,58 €), con cargo á aplicación orzamentaria 06.A3.733A.608.00, dos orzamentos do Inega para 2021, distribuídos segundo o seguinte cadro de anualidades:

2021: 455.020,69 €.

2022: 536.548,89 €.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021

Paula María Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia