Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30141

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal (expediente 565/2021).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio».

En vista de que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos ou ben resultou infrutuosa a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas que se describen a continuación:

Nº de expediente

Titular catastral

Referencia catastral

Lugar

Parroquia

285/2020

En investigación

36030A011015370000MY

Marco

Meirol

379/2020

Valentina Mariño Alfaya

36030A040001120000MX

Cachiña

Mondariz

449/2020

En investigación

36030A038002450000MR

Eido X.

Mondariz

450/2020

Ceferino Barral Álvarez

36030A038001120000MF

Eido X.

Mondariz

451/2020

Antonia Balvina Barral Álvarez

36030A038002230000MZ

Sesteiro

Mondariz

452/2020

Carmen Bello Montero

36030A038002240000MU

Sesteiro

Mondariz

453/2020

Luis Gonzalo Estévez Álvarez

36030A038002250000MH

Eido

Mondariz

454/2020

En investigación

36030A038002260000MW

Sesteiro

Mondariz

476/2020

José Carlos Álvarez Troncoso

36030A039003730000MP

Costoya

Mondariz

488/2020

Higinio González Guisado

36030A033000660000MP

Codeseira

Lougares

510/2020

Dolores Cendín González

36030A034000670000MA

Campiño

Lougares

515/2020

Laura Alfaya Fortes

36030A085014200000MR

Eido P.

Frades

652/2020

En investigación

36030A066005260000MM

Lombos

Frades

691/2020

Presentación Fernández Eiras

36030A039003790000MK

Costoya

Mondariz

696/2020

En Investigacion

36030A036003260000MX

Azapán

Mondariz

697/2020

Serafín Rodríguez Antela

36030A036003420000MB

Apazan

Mondariz

703/2020

José Carlos Álvarez Troncoso

36030A039003730000MP

Costoya

Mondariz

707/2020

Joaquín Bouzo Álvarez

36030A036003390000MB

Pardesecas

Mondariz

851/2020

Constantino Faro Mariño

36030A056007990000ME

Grandón

Riofrío

852/2020

Virginia Melón Blanco

36030A056008000000ME

Coto L.

Riofrío

853/2020

Delfina Corbacho Alfaya

36030A056008080000MY

María J.

Riofrío

854/2020

Francisco Veiga Arjones

36030A056008090000MG

M. Juana

Riofrío

855/2020

Donilia González Barral

36030A056008110000MY

Monte de Arriba

Riofrío

860/2020

José Bedrelo Rivas

4791317NG4749S0001KU

Gargamala

894/2020

Carmen Mariño Faro

36030A049003690000MF

Pedras

Mondariz

896/2020

Consuelo Táboas Barros

36030A049003710000MT

Pedras

Mondariz

857/2020

Dolores Abilleira Alén

4993802NG4749S0001HU

Gargamala

1066/2020

Maximino Tellado Pregal

36030A025015350000MG

Pena L.

Meirol

1072/2020

Secundina Otero Barcia

36030A054014010000MJ

Besadas

Vilar

1073/2020

Francisco García Pino

36030A056008120000MG

Pardal

Riofrío

1075/2020

Laura Veiga Martínez

36030A056008250000MD

Penizas

Riofrío

1076/2020

Armindo Antela Veiga

36030A056008300000MI

Peniza

Riofrío

851/2020

Constantino Faro Mariño

36030A056007990000ME

Grandón

Riofrío

440/2021

Manuel Alfonso Melón

36030A056003800000MR

S. Miguel

Riofrío

En virtude do anterior, comunícase que na acta de inspección realizada se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Por tanto, disponse dun prazo máximo de trinta (30) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o dito prazo, e en caso de que persista o incumprimento, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.4 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, pola presenza dunha ordenanza municipal ao respecto (Ordenanza reguladora de limpeza de terreos, xestión de biomasa forestal e das distancias de plantación para a prevención e a defensa contra incendios forestais do concello de Mondariz, do 13 de decembro de 2018) para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados, será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves, ao Pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21 ter.2 desta lei:

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Recursos. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo, ante a Alcaldía deste concello, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, conforme o artigo 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de optarse por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

De se interpoñer o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal; os interesados poderán enton interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Mondariz, 26 de maio de 2021

Xosé Emilio Barros Bello
Alcalde