Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30146

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente Gestiona 409/2021-Urb. 05/2021).

En aplicación do disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen que fose posible a súa práctica por causa non imputable a esta administración, e en aplicación do disposto nos artigos 44 a 46 do mesmo texto legal, e no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e da referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, ao resultar descoñecido o enderezo postal, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais; advírtese expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Poligono-parcela-lugar

Interesado

Referencia catastral

Gestiona 409/2021

Urb 05/2021

Polígono 20, parcela 210

Pedornes

Dorinda Alonso Pérez

(enderezo descoñecido)

36036A020002100000QT

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 11 de xuño de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa