Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30058

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 794/2019).

Eu, Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 794/2019 seguido por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. fronte a Tropiers Galicia, S.L. e María Elena González Alonso ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 27/2021.

En Vigo o nove de febreiro de dous mil vinte e un.

Vistos por min, Flora Lomo del Olmo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario número 794/2019, seguidos por instancia da entidade Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representada pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos e asistida polo letrado Luis Sanjiao García, contra a mercantil Tropiers Galicia, S.L., en situación procesual de rebeldía, e María Elena González Alonso, representada pola procuradora Olga Veiga Silva e asistida pola letrada Mercedes Bedoya Jiménez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que, estimando en parte a demanda promovida pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos, en nome e representación da entidade Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., fronte á mercantil Tropiers Galicia, S.L. e María Elena González Alonso, e a reconvención formulada pola procuradora Olga Veiga Silva, en representación de María Elena González Alonso, fronte á entidade Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., condénase a citada mercantil a abonarlle a cantidade de 20.881,99 euros máis os xuros legais correspondentes desde a data da presente resolución.

Ao mesmo tempo, decláranse nulas as cláusulas relativas aos xuros de demora, e a de renuncia aos beneficios de orde, excusión e división en relación con María Elena González Alonso, coas consecuencias establecidas no fundamento de dereito terceiro desta sentenza.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

E atopándose o dito demandado, Tropiers Galicia, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 14 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza