Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30056

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (PO 795/2019).

Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente anuncio:

Neste procedemento ordinario 795/2019 seguido por instancia de Santander Consumer Finance, S.A. fronte a María Vitoria Rodríguez Fernández pronunciouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 208/2020

Vigo, 9 de novembro de 2020.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 795/2019 se seguen por instancia de Santander Consumer Finance, S.A., representada pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos e dirixida polo letrado Luis Sanjiao García, contra María Victoria Rodríguez Fernández, declarada en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de cantidade baseada nun contrato de préstamo.

Resolución

Acollo parcialmente a demanda interposta por Santander Consumer Finance, S.A., contra María Victoria Rodríguez Fernández, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos.

1º. Declaro resolto o contrato de préstamo formalizado o 17 de agosto de 2017 entre a entidade demandante e María Victoria Rodríguez Fernández e condeno esta última a aboarlle aquela a cantidade de 11.125,34 euros, correspondentes aos aprazamentos vencidos e non satisfeitos e mais ao capital pendente. A devandita cantidade reportará a indemnización pola demora equivalente ao xuro legal dos cartos, contado desde o día seguinte aos respectivos vencementos, que será o xuro legal, incrementado en dous puntos, contado desde a data da presente sentenza. Do total importe da condena haberán de ser deducidos os 198 euros aboados pola demandada en concepto de comisión de apertura, co xuro legal dos cartos desde a data en que foron aboados, por resultar nula, por abusiva, a cláusula contractual que a establece.

2º. Non procede efectuar pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.

Notifíquese esta sentencia ás partes, ás cales se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E atopándose esta demandada, María Vitoria Rodríguez Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 17 de novembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza