Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30043

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 10 de xuño de 2021 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para varias notarías vacantes.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 21 de abril de 2021 e resolto pola Resolución do 25 de maio de 2021, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 214/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de
Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

– Gonzalo Emilio Freire Barral, notario de Betanzos, para a notaría de A Coruña.

– Fernando Maiz Cal, notario de Barcelona, para a notaría da Coruña.

– Luis Manuel Gómez Varela, notario de Arteixo, para a notaría de Sanxenxo.

– Santiago Botas Ramos, notario de Ribeira, para a notaría de Vilanova de Arousa.