Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30044

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Administración Local, sobre creación e clasificación do posto de traballo de Tesouraría do Concello de Cervo como posto reservado a funcionarios de Administración local de habilitación de carácter nacional.

Á vista da solicitude formulada polo Concello de Cervo, relativa á creación e clasificación do posto de traballo de Tesouraría, creado no cadro de persoal, incluído no orzamento xeral da entidade local para o exercicio 2021, aprobado inicialmente polo Pleno na sesión extraordinaria do día 4 de febreiro de 2021 e publicado no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 34, do 11 de febreiro de 2021, emítese resolución con base nos seguintes.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 31 de marzo de 2021 ten entrada no Rexistro da Dirección Xeral de Administración Local a solicitude formulada polo Concello de Cervo, relativa á creación e clasificación do posto de traballo de Tesouraría, que xunta a esta petición a seguinte documentación:

– Memoria xurídica e económica xustificativa da creación do posto de traballo.

– Certificación do acordo adoptado polo Pleno, o 4 de febreiro de 2021, relativo á aprobación inicial do orzamento para o exercicio 2021, do límite de gasto non financeiro, do cadro de persoal e da creación do posto de traballo de tesoureiro/a.

– Certificación de non presentación de alegacións no período de información pública a que se someteu o acordo citado no parágrafo anterior.

– Certificación da aprobación definitiva do orzamento do Concello de Cervo para o exercicio 2021 e do cadro de persoal aprobado co orzamento.

– Certificación de número de habitantes a 1 de xaneiro de 2020.

Segundo. O 1 de xuño de 2021 ten entrada no Rexistro da Dirección Xeral de Administración Local escrito do Concello do Cervo en que achega documentación complementaria á presentada polo citado ente local o 31 de mazo de 2021, polo que se considera completado o expediente para os efectos de poder continuar coa súa tramitación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A creación do posto de Tesouraría no Concello de Cervo como reservado a persoal funcionario con habilitación de carácter nacional vén imposta polo disposto no artigo 14 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional (en diante, RD 128/2018), ao preceptuar que nas corporacións locais cuxa Secretaría estea clasificada en clase primeira ou segunda existirá un posto de Tesouraría reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de intervención-tesourería. A Secretaría do Concello de Cervo está clasificada como de clase segunda, polo que resulta imperativo a creación do dito posto.

Ao posto de traballo de Tesouraría corresponderalle a responsabilidade administrativa das funcións de tesouraría e recadación numeradas no artigo 5 do RD 128/2018, e ten que ser desempeñado por persoal da subescala de intervención-tesouraría, calquera que sexa a súa categoría.

Segundo. O RD 128/2018 atribúelles ás comunidades autónomas, no seu respectivo ámbito territorial, a competencia para clasificar os postos reservados aos funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, e o artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, regula as normas xerais para clasificación de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional.

O artigo 22.3.g) do Decreto 214/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, atribúe á Dirección Xeral de Administración Local a execución das competencias que, con respecto ao persoal funcionario con habilitación de carácter nacional, lle correspondan á Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do anteriormente exposto, e tendo en conta o informe emitido polo subdirector xeral de Réxime Xurídico Local,

RESOLVO:

Primeiro. Clasificar o seguinte posto de traballo como reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional no Concello de Cervo, coas seguintes características:

Denominación: Tesouraría.

Subescala: intervención-tesouraría.

Categoría: sen distinción de categoría.

Forma de provisión: concurso.

Nivel de complemento de destino: 25.

Complemento específico: 11.116,14 €.

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e remitir a publicación á Dirección Xeral de Función Pública do Ministerio de Política Territorial e Función Pública para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, os interesados poderán interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. Así mesmo, a entidade local poderá presentar previamente requirimento no prazo de dous meses conforme o disposto no artigo 44 da dita Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2021

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local