Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29793

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (283/2019).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza co encabezamento e coa resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 283/2019.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 26 de febreiro de 2019.

Vistos os presentes autos nº 1241/2017, sobre modificación de medidas, promovidos pola procuradora Sra. Lorenzo en nome e representación de Laura González Fernández, como demandante asistida pola letrada Sra. Vidal, fronte a D. Radi Yachou, declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolvo:

Admitir a demanda interposta pola procuradora Sra. Lorenzo, en nome e representación de Laura González Fernández, fronte a D. Radi Yachou, e declaro a modificación das medidas acordadas na Sentenza do 7.2.2013 nos autos de divorcio 938/2012 de mutuo nos seguintes termos:

a) Suspéndese o exercicio da patria potestade de Radi Yachou e atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade de S. e N. á súa nai, Laura González Fernández.

Non se impoñen as costas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal, para iso debe constituír o depósito legalmente establecido.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de D. Radi Yachou, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 21 de maio de 2021

O/a letrado/a da Administración de xustiza