Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29773

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2021 pola que se convoca o concurso específico para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos.

Ao estaren vacantes diversos postos de traballo desta universidade, esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020, en relación co artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, de acordo co que dispón o artigo 79 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, o artigo 91 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o Decreto 93/1991, da Xunta de Galicia, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro (DOG do 18 de novembro), o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, a Resolución do 8 de xaneiro de 2016, da Universidade da Coruña, pola que se fai pública a relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos (DOG do 18 de xaneiro) e as súas modificacións do 4.5.2018 e 3.2.2020 e despois de consultar a Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos,

RESOLVE:

Publicar a convocatoria do concurso específico para cubrir os postos que se relacionan no anexo I desta resolución, conforme as seguintes

Bases

Primeira. Requisitos e condicións de participación

Poderán participar neste concurso todos os/as funcionarios/as de carreira das escalas xerais e das escalas de facultativo/axudante da Universidade da Coruña, calquera que for a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme, así como os que pertenzan aos distintos corpos ou escalas de calquera das administracións públicas que se acharen na data desta convocatoria prestando os seus servizos nesta universidade como funcionarios/as de carreira, sempre que reúnan, na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación, as condicións e os requisitos exixidos nesta convocatoria, así como o establecido no artigo 91 da Lei 2/2015, do 29 de abril do emprego público de Galicia, «o persoal funcionario de carreira que ocupe con carácter definitivo un posto de traballo obtido por concurso debe permanecer nel un mínimo de seis meses para poder participar nos concursos específicos».

Despois de transcorrer o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para a persoa peticionaria e os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que se obtivese outro destino por medio de convocatoria pública antes de finalizar o prazo de toma de posesión.

Segunda. Postos de traballo

Os postos de traballo son os que se detallan no anexo I, e para poder optar a calquera deles será necesario pertencer ao grupo e ao corpo ou escala-subescala que se sinala nese anexo, así como reunir os requisitos específicos que se sinalan nel e na vixente relación de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servizos da Universidade da Coruña, coas excepcións feitas na base primeira.

Terceira. Valoración de méritos

A valoración dos méritos das persoas aspirantes para a adxudicación dos postos de traballo que se soliciten será como a continuación se indica.

1. Méritos xerais.

1.1. Grao persoal consolidado.

A valoración do grao persoal consolidado efectuarase segundo os seguintes criterios:

Grao consolidado

Máximo: 15

30

15

29

14,5

28

14

27

13,5

26

13

25

12,5

24

12

23

11,5

22

11

21

10,5

20

10

19

9,5

18

9

17

8,5

16

8

1.2. Valoración do traballo desenvolvido.

A valoración do traballo desenvolvido na UDC efectuarase segundo os seguintes criterios:

Valorarase o traballo desenvolvido en postos actualmente catalogados como de funcionario que se ocupen con carácter definitivo ou en adscrición provisional, e pertencentes á mesma escala-subescala (administración xeral, bibliotecas, escala técnica).

No caso de ocupar unha praza en comisión de servizos, este tempo valorarase como prestado no último posto que se ocupou con carácter definitivo ou con adscrición provisional.

Para a valoración do traballo desenvolvido na UDC, tomarase a puntuación fixada por ano para cada posto na táboa que a seguir se relaciona. Os períodos inferiores ao ano ratearanse por meses.

Escala de administración xeral

Letrado/a asesor/a

2,45

Vicexerenta/e

2,375

Xefa/e de servizo

2,3

Xefa/e de sección

1,85

Administrador/a

1,775

Secretaria/o do reitor, Consello Social

1,325

Xefa/e de negociado

1,175

Secretaria/o do secretario xeral, vicerreitor, xerente

Secretaria/o de decanato/dirección

0,875

Secretaria/o de Instituto Universitario

0,8

Secretaria/o administrativa/o

0,725

Posto base ORI

0,650

Posto base

0,5

Xefe de grupo

0,5

Escala de bibliotecas

Xefe/a de servizo

2,3

Xefe/a de sección

1,85

Director/a de biblioteca

1,775

Bibliotecario/técnico de arquivo

1,175

Auxiliar técnico/a de biblioteca

0,8

Neste punto, consideraranse servizos prestados na UDC o traballo desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 3/1990, do 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago de Compostela con todos os seus medios materiais e humanos e da súa integración nas novas universidades da Coruña e Vigo (DOG do 24 de xaneiro).

O traballo desenvolvido noutras administracións valorarase segundo a puntuación que se corresponda cos postos que figuran na táboa, segundo o seu nivel de complemento de destino e específico, de acordo cos niveis de complemento de destino e específico acreditados na certificación de servizos prestados, ou a proporción que corresponda. A diferenza por cada nivel será de 0,075, tanto de complemento de destino como de específico. En caso de que non se poida certificar o nivel de complemento específico, asimilarase ao complemento de destino.

Asegurarase como mínimo que a puntuación será a que corresponda ao posto de nivel inferior en que se pode prestar servizos nesta universidade dentro de cada grupo funcionarial da RPT vixente.

Puntuación máxima desta epígrafe: 25 puntos.

1.3. Antigüidade.

Os servizos prestados na Administración pública, en que se inclúen os servizos previos recoñecidos que se prestasen con anterioridade á condición de funcionario de carreira, valoraranse por cada ano completo (ou fracción 1/12 por mes completo), ata un máximo de 20 puntos, do seguinte xeito:

– Servizos prestados noutras administracións: 0,534 puntos por ano completo de servizo.

– Servizos prestados no Sistema universitario de Galicia: 0,667 puntos por ano completo de servizo.

Neste punto consideraranse servizos prestados na UDC o tempo traballado en centros adscritos de natureza xurídico-pública con anterioridade á súa integración e de acordo coas normas da dita integración.

Ao abeiro do disposto no Real decreto 255/2006, polo que se modifica o Real decreto 364/1995 e o Real decreto 365/1995, engadirase á puntuación obtida por antigüidade (por riba dos 20 puntos) e só se terá en conta para postos de igual ou inferior nivel ao do posto que ocupa no momento do concurso con carácter definitivo ou en adscrición provisional, e que se poderá obter polos seguintes supostos:

a) 1,25 puntos no caso de que o destino previo do cónxuxe funcionario, obtido mediante convocatoria pública, se localice no municipio en que radique o posto ou os postos de traballo solicitados, sempre que se acceda desde un municipio distinto.

b) 1,25 puntos no caso de acreditar o coidado de fillos, tanto cando o sexan por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, ata que o fillo faga os doce anos, sempre que a persoa interesada acredite fidedignamente que o posto solicitado permite unha mellor atención do menor.

c) 1,25 puntos no caso de acreditar o coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade sempre que, por razóns de idade, de accidente, de enfermidade ou de discapacidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, sempre que se acceda desde un municipio distinto, e sempre que a persoa interesada acredite que o posto que se solicita permite unha mellor atención do familiar. A valoración deste suposto será incompatible coa concedida polo coidado de fillos.

1.4. Formación.

1.4.1. A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

Nesta subepígrafe serán valorados os cursos, impartidos e/ou recibidos, de formación administrativa xeral, así como os cursos de formación e de perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias dos postos de traballo. Non se avaliará a formación no DEA se se posúe a titulación de doutor.

– Cursos de aptitude: 0,075 puntos por hora.

– Cursos de asistencia: 0,05 puntos por hora.

– Actividades formativas en que non conste o número de horas: computarase unha hora por día da actividade.

Os cursos impartidos avaliaranse como un curso de aptitude polo número de horas dunha edición.

As estadías noutras universidades, convocadas para o PAS, de duración igual ou superior a 5 días valoraranse como 20 horas de asistencia a unha acción formativa; enténdense incluídas nesta epígrafe exclusivamente as convocadas para o persoal de administración e servizos.

A puntuación máxima será de 15 puntos.

A formación que teña unha antigüidade de máis de 10 anos na data en que finalice o prazo de presentación de instancias non poderá superar un máximo de 10 puntos.

1.4.1.1. Valoraranse os cursos organizados pola UDC, os recibidos na EGAP, no INAP, servizos de prevención e mutuas ou noutros centros oficiais de calquera Administración pública, así como os homologados pola EGAP e os impartidos por organizacións sindicais e empresariais dentro dos programas de formación continua e outros organismos públicos. Igualmente, para os postos reservados ás escalas de arquivos, bibliotecas e museos, valoraranse os cursos específicos organizados por entidades profesionais, membros da Federación Española de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística.

1.4.1.2. Os títulos propios, o DEA e a suficiencia investigadora valoraranse como os cursos recollidos no punto 1.4.1.1.

1.4.1.3. Non se valorarán cursos académicos completos nin por materias de forma illada.

1.4.1.4. Non serán obxecto de valoración os cursos preparatorios ou integrantes de procesos selectivos que foren organizados por calquera Administración.

1.4.2. Titulación académica.

Titulacións

Máximo: 5

Doutor

5

Mestrado oficial (2º e sucesivos: 10 % do primeiro)

1º = 0,5 adicional

Licenciado / Grao

4

Diplomatura

3

As equivalencias de titulacións serán as establecidas polo Ministerio, e a persoa interesada deberá citar a disposición e o BOE en que se establece.

Non se lles dará a consideración de 2ª titulación ás que constitúan unha especialidade por itinerario da titulación ou ás titulacións adaptadas ao EEES (graos) a que se acceda a través dun curso ponte.

No suposto de posuír dúas titulacións, cando se acceda ao segundo ciclo dunha titulación mediante a superación do primeiro ciclo doutra, só se terá en conta a de nivel superior.

1.4.3. Coñecemento da lingua galega

Valoraranse os cursos segundo o recollido na Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG do 30 de xullo), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG do 24 de xuño), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), así como as equivalencias que esta última orde dispón no artigo 5:

Galego

Máximo: 5

Linguaxe administrativa, nivel superior, ou Celga 5

5

Linguaxe administrativa, nivel medio

3,3

Celga 4

1,6

Celga 3

0,8

1.4.4. Coñecemento de idiomas.

O coñecemento de idiomas valorarase seguindo os niveis de competencias lingüísticas establecidas polo Consello de Europa no Marco común europeo de referencia para as linguas (MECRL), segundo a táboa de equivalencias contida no anexo IV.

Para os efectos de valoración do nivel de competencias lingüísticas, teranse en conta tamén as previsións e equivalencias dos diferentes títulos obtidos nas escolas oficiais de idiomas regulados no Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, así como no Decreto 191/2007, da Comunidade Autónoma de Galicia, do 20 de setembro, polo que se establecen a ordenación de ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio, e o Decreto 239/2008, da Comunidade Autónoma de Galicia, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo de nivel avanzado.

Nivel

Máximo: 2,5

C2

2,25

C1

1,75

B2

1,25

B1

0,75

A2

0,25

A1

0,1

1.5. Grupo do corpo ou escala de pertenza.

Polo grupo a que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso concederanse os seguintes puntos:

Subgrupo

Máximo: 12,5

A1

12,5

A2

9,375

2. Méritos específicos.

2.1. Esta fase está dirixida á comprobación e á valoración dos méritos específicos das persoas aspirantes a postos de xefaturas de servizos, ou postos equivalentes con nivel de complemento de destino igual ou superior ao 28. Efectuarase da seguinte forma:

Elaboración dun proxecto, exposición e defensa. Puntuación total 20 puntos.

Os solicitantes deberán elaborar unha memoria en que se evidencie o coñecemento da área a que concursan, cunha análise das tarefas do posto e os requisitos, condicións e medios necesarios para desempeñalo, así como unha proposta organizativa do posto e área en que se encadra, que conteña os obxectivos que se desenvolverán nos próximos dous anos, e coa descrición de polo menos dúas accións para cada obxectivo marcado.

Para os efectos do anterior, os solicitantes deberán presentar por escrito e defender oralmente este proxecto, nun acto público, e ante a comisión para o posto a que se concurse.

Con ese fin, presentarase o proxecto no prazo de solicitude da convocatoria do concurso. nun sobre branco, tamaño 36 cm × 26 cm, pechado e sen ningún tipo de identificación, en que apareza só o enderezo da Universidade da Coruña. Deberá ter unha extensión máxima de 20 páxinas, en tamaño A4 a espazo e medio e cun tipo de letra Times New Roman ou Arial de tamaño 12. Dentro deste sobre incluirase, ademais do proxecto, un segundo sobre pechado e tamén sen identificación, dentro do cal o aspirante indicará os seus datos persoais (nome, apelidos e fotocopia do documento nacional de identidade).

A valoración do proxecto farase en dúas fases:

Fase a). Lectura do proxecto por parte da comisión avaliadora. A valoración farase sen coñecer o nome dos aspirantes e avaliarase cun máximo de 10 puntos, que resultará da media aritmética das puntuacións outorgadas por cada un dos membros da comisión. Esta puntuación farase pública antes da exposición.

Fase b). Exposición pública do proxecto. A valoración farase con base nos criterios que previamente estableza a comisión. O tempo máximo de intervención para a defensa e exposición por cada candidato será de 30 minutos. Con posterioridade, terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que lle poidan formular os membros da comisión. A puntuación será de 10 puntos como máximo, que resultará da media aritmética das puntuacións outorgadas por cada un dos membros da comisión, unha vez escoitada a exposición e concluído o diálogo coa persoa aspirante. O aspirante deberá obter nesta segunda fase unha puntuación mínima de 5 puntos para conservar a puntuación obtida na primeira fase. No caso de non se presentar ou non obter esta puntuación mínima, non se lle computará a puntuación obtida na fase a) precedente.

O acto será único para todos os aspirantes a un mesmo posto e será público. Os aspirantes serán convocados para a exposición e defensa pública pola Universidade da Coruña cunha antelación de, como mínimo, 3 días hábiles. Unha vez outorgada a puntuación do proxecto, a comisión redactará a acta correspondente, que será publicada no prazo máximo dos cinco días seguintes á data da exposición, e na cal deberán figurar os criterios de valoración aplicados pola comisión.

A avaliación dos méritos desta segunda fase efectuarase mediante a puntuación obtida coa media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da comisión avaliadora, desbotando para estes efectos a máxima e a mínima concedidas ou, de ser o caso, unha das que aparezan repetidas como tales. As puntuacións outorgadas, así como a avaliación final, deberán reflectirse na acta que se redactará para o efecto.

A valoración global dos méritos, xerais e específicos, suporá como mínimo o cincuenta e cinco por cento da puntuación máxima alcanzable, segundo se establece no punto 4 do artigo 91 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Cuarta. Solicitudes

As solicitudes para tomar parte neste concurso e o modelo de currículo axustaranse ao modelo que se publica como anexo II e III desta resolución e deberán presentarse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, nos rexistros auxiliares da Zapateira e do Campus de Ferrol (Esteiro), ou nas restantes formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de seren varios os postos que se soliciten, a preferencia deles virá establecida pola orde en que aparezan consignados na solicitude.

No caso de que non coincida o número de posto coa denominación deste, prevalecerá o nome do posto.

Quinta. Relación de persoas admitidas e excluídas

Despois de rematar o prazo de presentación de solicitudes, o Servizo de Persoal elaborará unha proposta que será trasladada ao xerente, que resolverá declarando a relación de persoas admitidas e excluídas, onde se indicará a causa de exclusión. Esta relación publicarase na sede electrónica e as persoas excluídas terán un prazo de dez días hábiles para reclamaren en contra da exclusión.

Sexta. Comisión de Valoración

Os méritos serán valorados por unha comisión. A composición desta comisión será publicada na sede electrónica da UDC.

A Comisión de Valoración terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Sétima. Acreditación de méritos

Os requisitos, os méritos e demais datos deberán ser acreditados polas persoas interesadas mediante a presentación dos documentos e dos títulos orixinais, ou de fotocopias compulsadas, e as certificacións das correspondentes unidades de persoal. As certificacións deberán estar referidas á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Os servizos prestados na Administración pública serán acreditados de oficio polo Servizo de Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña. No caso de que estes non consten no expediente da persoa interesada, deberán ser acreditados mediante unha certificación expedida pola xefatura de persoal da Administración onde se prestasen.

A Comisión de Valoración non terá en conta os méritos que a persoa interesada non acredite documentalmente.

Non obstante, a Comisión de Valoración poderá, se o considera oportuno, requirir das persoas concursantes a presentación dos documentos adicionais, as aclaracións e as probas que consideren precisas.

Oitava. Resolución do concurso e toma de posesión

A orde de prioridade para a adxudicación dos postos virá dada pola puntuación total que se obteña. No caso de empate na puntuación acudirase para dirimilo á orde de valoración de méritos establecida no artigo 10.1 do Decreto da Xunta de Galicia 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Despois de remataren os traballos de valoración de méritos, a Comisión de Valoración publicará na sede electrónica da UDC as puntuacións que obteñan as persoas aspirantes por cada concepto, así como a proposta provisional de adxudicación dos postos, contra a que as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de dez días hábiles que contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Despois de transcorrer este prazo, a comisión remitiralle ao xerente a proposta definitiva de adxudicación de postos a favor das persoas solicitantes que obtivesen a maior puntuación, e especificará, se for o caso, os postos que quedasen desertos.

O prazo para tomar posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia do funcionario, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante resolución do órgano convocante publicada no Diario Oficial de Galicia. Se implica o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración e os que participen nela.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 3 de xuño de 2021

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Relación de postos ofertados de persoal funcionario

NP

Posto

Unidade

Centro directivo

N. C. destino

N. C. específico

C. específico

Tipo

Provisión

Subgrupo

Escalas especiais

Quenda

Campus

Formación específica

Observacións

61

Xefatura de servizo

Servizo de Xestión Financeira

Xerencia

28

29

1.447,35

S

C

A1/A2

 

M

C

 

89

Xefatura de servizo

Servizo de Persoal de Administración e Servizos

Xerencia

28

29

1.447,35

S

C

A1/A2

 

M

C

 

205

Xefatura de servizo

Servizo de Biblioteca Universitaria

Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia

28

29

1.447,35

S

C

A1/A2

Facultativo/Axudante

M

C

 

Notas:

O nivel de coñecemento de idiomas será o que establece a Orde do 18 de febreiro de 2011 (DOG do 26.4.2011) do seguinte xeito:

Para os grupos A1 e A2: nivel C1. Para os grupos C1 e C2: nivel B2.

Formación específica:

1. Dominio de idiomas, preferentemente inglés.

2. Inglés e outro idioma da Unión Europea fóra do Estado español.

3. Dominio dos idiomas inglés e francés. Valoraranse como méritos coñecementos doutros idiomas, principalmente de países da Unión Europea.

4. Galego, inglés e francés. Coñecemento no desenvolvemento de páxinas web.

5. Formación de nivel superior en PRL.

6. Especialidade en deseño gráfico.

7. Coñecemento no desenvolvemento de páxinas web e tratamento dixital de imaxes e publicación.

8. Experiencia na coordinación e execución de tarefas da Unidade de Técnicas Instrumentais de Análise, no deseño do mantemento dos equipamentos desta e na súa manipulación.

9. Experiencia na coordinación e execución de tarefas da Unidade de Espectrometría Molecular, mantemento dos equipamentos de resonancia magnética nuclear e espectrometría de masas e na manipulación de equipamentos e optimización destes.

10. Experiencia e coñecementos no deseño do mantemento, manipulación, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipamentos da Unidade de Microscopia. Previsión de funxibles.

11. Experiencia no deseño do mantemento, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipamentos da Unidade de Análise Estrutural. Optimización de recursos de operación, realización de experimentos e previsión de funxibles.

12. Permiso de condución clase D.

ANEXO II

Concurso específico para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servizos da Universidade da Coruña

(Convocado pola Resolución do 3 de xuño de 2021)

Modelo de solicitude

Don/Dona_________________________________________________________________

Corpo/escala/subescala:

Grupo:

Situación administrativa:

DNI:

Posto que ocupa:

Nivel:

Centro ou dependencia:

Grao consolidado:

Domicilio:

Teléfono:

Solicita os postos seguintes:

Orde de

petición

Nº posto

(1)

Denominación do posto

Quenda

Centro de destino:

(1) Indíquese un R se o posto se solicita a resultas, por non estar actualmente vacante.

SE DESEXA CONDICIONAR A SOLICITUDE, indique no recadro de abaixo o NIF, apelidos e nome do/a cónxuxe ou parella de feito:

(Deberá acreditar a relación de parella)

A Coruña, ____ de _____________ de 2021

Asdo.:__________________________________

Xerente da UDC

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Táboa de equivalencias no Marco europeo común de referencia das linguas

 

A1

A2

B1

B2

C1

C2

Alemán

Start Deutsch 1

Fit in Deutsch 1,

ÖSD (GD 1, KD1)

CertAcles A1

Start Deutsch 2

Fit in Deutsch 2,

EOI básico 2,

DSD-A2,

ÖSD (GD 2, KD2)

CertAcles A2

Zertifikat Deutsch (ZD)

Zertifikat Deutsch für Jugendliche (ZDj)

EOI (intermedio 2, 3º ciclo elemental),

DSD I,

ÖSD (ZD, ZDj)

CertAcles B1

TestDaF

Zertifikat Deutsch für den Beruf (ZDfB), EOI (avanzado 2, 2º ciclo superior), DSH-1,

Goethe Institut B2,

ÖSD MD

CertAcles B2

TestDaF

Prüfung Wirtschaftsdeutsch International (PWD), DSH-2, DSD II,

Goethe Institut C1,

ÖSD OD

CertAcles C1

Zentrale Oberstufen-

prüfung (ZOP)

Kleines Deutsches Sprachdiplom (KDS)

Großes Deutsches Sprachdiplom (GDS), DSH-3, ÖSD WD

CertAcles C2

Catalán

 

Certificat de nivell bàsic de català

Certificat de nivell elemental de català

Certificat de nivell intermedi de català

Certificat de nivell suficiència de català

Certificat de nivell superior de català

Chinés

HSK I

HSK II

HSK III

HSK IV

HSK V

HSK VI

Danés

 

Prøve i Dansk 1

Prøve i Dansk 2

Prøve i Dansk 3

Studieprøven

 

Éuscaro

 

 

PL 1 – IVAP e Osakidetza

Lehenengo maila/Nivel 1 HABE Intermedio

PL 2 – IVAP e Osakidetza

PL 1 – Ertzaintza

Bigarren maila/Nivel 2 HABE Avanzado

Euskararen Gaitasun Agiria (EGA)

PL 3 – IVAP e Osakidetza

PL 2 – Ertzaintza

Hirugarren maila/Nivel 3 HABE

Laugarren maila/Nivel 4 HABE

Finés

 

Suomen kieli perustaso 1

Suomen kieli perustaso 2-3

keskitaso 3

Suomen kieli keskitaso 4-5 ylintaso 5

Suomen kieli

ylintaso 6

Suomen kieli

ylintaso 7-8

Francés

Diplôme initial de langue française (DILF), Diplôme d’Etudes en Langue Française (DELF A1), TCF niveau 1, TEF 1

CertAcles A1

Diplôme d’Etudes en Langue Française (DELF A2), EOI básico 2, TCF niveau 2, CEFP 1, TEF 2

CertAcles A2

Diplôme d’Etudes en Langue Française (DELF B1), EOI (intermedio 2, 3º ciclo elemental), TCF niveau 3, CEFP 2, TEF 3

CertAcles B1

Diplôme d’Etudes en Langue Française (DELF B2), EOI (avanzado 2, 2º ciclo superior), TCF niveau 4, TCF-DAP, TEF 4

CertAcles B2

Diplôme Approfondi de Langue Française (DALF C1),

TCF niveau 5, DS,

TEF 5

CertAcles C1

Diplôme Approfondi de Langue Française (DALF C2),

TCF niveau 6, DHEF, TEF 6

CertAcles C2

Grego

 

 CGL Level A`

Elinomathias Elemental, Bebaevsh Ellhnomaqeiai (Veveosi linomathias)

CGL Level B`

Elinomathias Vantage, Epipedo Eparkias,

CGL Level C´

 CGL Level D´

 

Inglés

Preliminary English Test (PET), GESE 2. LTE A1,

CertAcles A1

Key English Test (KET),

Young Learners,

BULATS 1, ISE 0,

GESE 3 e 4, LTE 1, EOI básico 2, IELTS 3.5

CertAcles A2

Aptis A2

Preliminary English Test, (PET), BEC 1,

BULATS 2, ISE I,

GESE 5 e 6 LTE 2, English for Tourism, JETSET ESOL B1, ELSA B1, EOI (intermedio 2, 3º ciclo elemental), IELTS 4-5, TOEFL (iBT, cBT, pBT) B1, CertAcles B1

Aptis B1

First Certificate in English (FCE),

ICFE, BEC 2,

BULATS 3, ILEC,

ISE II, GESE 7, 8 e 9 LTE 3, Certificate of Competency U. Michigan. EOI (avanzado 2, 2º ciclo superior), IELTS 5.5-6.5

TOEFL iBT B2

CertAcles B2

Aptis B2

Certificate in Advanced English (CAE),

ICFE, BEC 3,

BULATS 4,

ILEC, ISE III,

GESE 10 e 11

LTE 4, IELTS 7-8,

TOEFL (iBT, cBT, pBT) C1

CertAcles C1

Aptis C1

Certificate of Proficiency in English (CPE),

BULATS 5,

ISE IV, GESE 12

LTE 5, Certificate of Proficiency U. Michigan, IELTS 8.5-9

CertAcles C2

Italiano

Diploma Elementare di

Lingua Italiana (DELI), PLIDA A1, CELI-IMPATTO,

CILS A1

CertAcles A1

Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 1 (CELI 1), PLIDA A2, EOI básico 2, CILS A2, DELI

CertAcles A2

Diploma Intermedio di Lingua Italiana (DILI/DILC) Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 2 (CELI 2), PLIDA B1, EOI (intermedio 2, 3º ciclo elemental), CIC 1,

CILS Uno

CertAcles B1

Diploma Avanzado di Lingua Italiana (DILI II)

Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 3 (CELI 3), PLIDA B2, EOI (avanzado 2, 2º ciclo superior), CILS Due

CertAcles B2

Diploma Commerciale di Lingua Italiana (DALI / DALC) Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 4 (CELI 4), PLIDA C1, CIC A, CILS Tre

CertAcles C1

Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 5 (CELI 5), PLIDA C2,

CILS Quattra

CertAcles C2

Xaponés

N5 (antigo 4-kyû)

N4 (antigo 3-kyû)

N3

N2 (antigo 2-kyû)

N1 (antigo 1-kyû)

Luxemburgués

 

Zertifikat Lëtzebuergesch als Friemsprooch (ZLaF)

Éischten Diplom Lëtzebuergesch als Friemsprooch (1DLaF)

Zweten Diplom Lëtzebuergesch als Friemsprooch (2DLaF)

 

Ieweschten Diplom Lëtzebuergesch

Neerlandés

 

Profiel Toeristische en Informele Taalvaardigheid (PTIT)

Profiel Maatschappelijke Taalvaardigheid (PMT)

Staatsexamen Nederlands als Tweede Taal Examen I (NT2-I)

Profiel Professionele Taalvaardigheid (PPT)

Staatsexamen Nederlands als Tweede Taal Examen II (NT2-II)

Profiel Academische Taalvaardigheid (PAT)

 

Noruegués

 

 

Språkprøven i norsk for voksne innvandrere

 

Test i norsk for fremmed-språklige Høyere nivå

 

Portugués

CertAcles A1

Certificado Inicial de Português Língua Estrangeira (CIPLE)

CertAcles A2

Diploma Elementar de Português Língua Estrangeira (DEPLE)

CertAcles B1

Diploma Intermédio de Português Língua Estrangeira (DIPLE)

CertAcles B2

Diploma Avançado de Português Língua Estrangeira (DAPLE)

CertAcles C1

Diploma Universitário de Português Língua Estrangeira (DUPLE)

CertAcles C2

Ruso

I. Pushkin (certf 5 meses)

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ B) Básico/Bazoviy,

I. Pushkin (diplom 2 anos)

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ I) Primeiro/Perviy,

I Pushkin (diplom 4 anos)

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ II) Segundo/Vtoroy

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ III) Terceiro/Tretii

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ IV) Cuarto/Chetvertiy

Sueco

 

 

Sfi-provet

 

Test in Swedish for University

Studies (TISUS)

 

Valenciano

 

Certificat de coneixements orals de valencià

Certificat elemental de coneixements de valencià

Certificat mijtà de coneixements de valencià

Certificat superior de coneixements de valencià