Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello da Gudiña (expediente IN407A 2021/51-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense pola enxeñeira técnico industrial Eva Pérez Boullón, colexiada nº 2790 do COITI Santiago, en marzo de 2021, que inclúe declaración responsable que acredita a súa habilitación e competencia.

Solicitante: Cobra Instalaciones y Servicios, S.A.; A-46146387.

Domicilio: r/ Cardenal Marcelo Spinola, nº 10, 28016 Madrid.

Denominación: LMTS e centro de seccionamento (CS) de compañía en PAET Porta Galicia.

Situación: concello da Gudiña (Ourense).

Orzamento: 38.952,51 €.

Características técnicas:

• LMTS, a 15 kV, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, de 12 m de lonxitude, con entrada e saída no CS proxectado, con orixe no CS existente da LMT SAG702 A Gudiña-Penouta, de UFD Distribución Electricidad, S.A. (UFD), e final no CS proxectado.

• CS en PAET Porta Galicia, anexo a CS existente de UFD, matrícula 32CJN6, con celas en SF6: 3L (2 telecontroladas) + celas de protección e SS.AA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Pola empresa distribuidora será achegada a documentación de fin de obra para a posta en marcha das instalacións que se autorizan, no prazo de dous (2) meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución, achegando igualmente o documento que acredite a transmisión previa de instalacións.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 4 de xuño de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense