En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de restauración definitiva para o abandono de labores da autorización de explotación da sección A) Pedra Guxiña nº 101 (PO/A/101), situada no termo municipal de Salceda de Caselas, provincia de Pontevedra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), e alegar por escrito todo o que crean oportuno, en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.
Pontevedra, 11 de maio de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra