Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 673/2020).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 673/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Xordania dos Santos Cardoso contra Paflipar, S.C., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou Sentenza núm. 298/2021, do 7 de maio, contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse no Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña no prazo dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto.

E para que sirva de notificación na forma legal a Paflipar, S.C., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza