Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 506/2020).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 506/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Aparicio Rosales contra Barlim 2009, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou Sentenza núm. 286/2021, do 5.5.2021, contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de 5 días.

E para que sirva de notificación en legal forma a Barlim 2009, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza