Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 644/2020).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 644/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61 contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e Serocio Tiempo 17, S.L., sobre seguridade social, se ditou Sentenza núm. 189/2021, do 7.5.2021, que admitía a demanda e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación na forma legal a Serocio Tiempo 17, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza