Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28795

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2021 pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde a xestión da formación dos/das profesionais do Servizo Galego de Saúde derivada do programa Úlceras Fóra.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución do Servizo Galego de Saúde, do 1 de xuño de 2021, pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) a xestión de actividades formativas.

– Actividades:

a) A xestión da asistencia do alumnado proposto para cada actividade. As actividades formativas deben estar enmarcadas dentro da formación referida á deterioración da integridade cutánea e tisular ou a actividades que faciliten a apertura de liñas de investigación ou mellora do traballo coa mellor evidencia dispoñible.

b) A programación, planificación e xestión das actividades formativas propostas, dentro dos límites orzamentarios establecidos.

A ACIS, no desenvolvemento da actividade encomendada, seguirá as directrices e instrucións da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, aos cales lles corresponden os poderes de verificación e control da encomenda.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encomenda ten natureza de encarga a medio propio, de acordo co disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio vén prevista no artigo 5 do Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos.

– Prazo de vixencia: desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e ata o día 31 de decembro de 2021.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2021

Julio García Comesaña
Presidente do Servizo Galego de Saúde