Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28793

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de 2021 de subvencións do Programa do bono de alugueiro social para os exercicios 2021 e 2022.

O 20 de xaneiro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 22 de decembro de 2020 pola que se convocan para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social (códigos de procedemento VI482A e VI482B).

O punto un do ordinal terceiro da citada resolución establece que as axudas previstas nesta convocatoria se farán efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451B.480.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe de 300.000 euros para o ano 2021, 300.000 euros para o ano 2022, 300.000 euros para o ano 2023, 300.000 euros para o ano 2024 e 300.000 euros para o ano 2025.

Así mesmo, no punto tres do mesmo ordinal prevese que a contía establecida nesta convocatoria poderá ser obxecto de ampliación mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que terá efecto logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Tendo en conta que na data de hoxe existen remanentes incorporados de fondos finalistas procedentes do reaxuste do convenio de execución do Plan 2018-2021, asinado no seo da comisión bilateral celebrada o 23 de abril de 2021, ao abeiro do artigo 6.5 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, e máis remanentes de fondos autonómicos procedentes de convocatorias anteriores do bono de alugueiro social, e que o crédito fixado na convocatoria para as anualidades 2021 e 2022 do Programa de bono de alugueiro social é insuficiente para atender as concesións do bono de alugueiro social e mais as concesións dalgunhas prórrogas de convocatorias anteriores, cómpre ampliar o crédito establecido inicialmente.

De conformidade co ordinal terceiro da Resolución do 22 de decembro de 2020, é competente para ditar esta resolución a persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Polo exposto,

RESOLVO:

Único. Ampliar a dotación orzamentaria para a convocatoria de subvencións do Programa do bono de alugueiro social para as anualidades 2021 e 2022.

O incremento da dotación será de 1.486.206,80 euros, polo que a contía máxima das subvencións que se poderán conceder nos exercicios 2021 e 2022 será a seguinte:

Anualidade

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial

Ampliación de crédito

Crédito total

2021

08.81.451B.480.3

Prox. 2015 00026-FCA

300.000,00 €

146.145,00 €

1.116.175,90 €

08.81.451B.480.6

Prox. 2020 00003-FFE

0,00 €

670.030,90 €

2022

08.81.451B.480.3

Prox. 2015 00026-FCA

300.000,00 €

0,00 €

970.030,90 €

08.81.451B.480.6

Prox. 2020 00003-FFE

0,00 €

670.030,90 €

Esta ampliación non implica a modificación do prazo para presentar solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo