Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28636

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 649/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 649/2020, seguido por instancia de María Antonia Rodríguez Espasandín contra SAM-K, S.L., Confecciones Fíos, S.A., Ibermutua, Arraut y Sala Reixachs, S.L. administrador concursal de Sam-K, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou Sentenza núm. 212/2021, do 29 de abril, en que se admite parcialmente a demanda, contra a que non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a SAM-K, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza