Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28635

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de auto de execución e decreto de embargo (ETX 47/2021).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 47/2021, seguido por instancia de Karely Otero García contra Gestsada, S.L., sobre execución de Sentenza número 192/20, do 7 de xullo, se ditaron auto despachando execución e Decreto do 21 de abril de 2021, contra os que pode interpoñer recurso de reposición e revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro das ditas resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Getsada, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza