Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28428

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2021 pola que se declara deserto o proceso selectivo convocado para o ingreso na categoría de técnico/a medio de prevención de riscos laborais polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador do proceso selectivo convocado mediante a Resolución desta universidade do 4 de febreiro de 2020 (DOG do 20 de febreiro), para o ingreso como persoal laboral fixo na categoría de técnico/a medio de prevención de riscos laborais da Universidade de Vigo, ao declarar que ningunha das persoas candidatas superou as probas selectivas da fase de oposición e consonte atribucións legalmente conferidas, esta reitoría resolve declarar deserto o proceso selectivo convocado para o ingreso na categoría de técnico/a medio de prevención de riscos laborais da Universidade de Vigo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise o rexeitamento presunto do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 28 de maio de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo