Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28429

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 780/2021).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 780/2021, seguido por instancia de José Manuel Castro Canedo contra Cercons 2006, S.L.U. e Incoga Smart Building Group, S.L.U. e outros, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo

A Coruña o catorce de maio de dous mil vinte e un

O anterior escrito presentado polo letrado Alberto Sáenz-Chas Díaz, en nome e representación de José Manuel Castro Canedo, únese ao recurso da súa razón. Dáse por preparado o recurso de casación para a unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos están á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou o exame, se o considera necesario.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación das sentenzas que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte contra a que se recorre se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo».

E para que sirva de notificación na forma legal a El Huerto de Santa Cristina, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza