Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28431

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 56/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 56/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Cortegoso Vilas contra a empresa Carpas del Noroeste, S.L., sobre ordinario, se ditou no día da data dilixencia de ordenación, auto en que se despacha execución, impugnables en reposición no prazo de tres días, e decreto impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede do Xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Carpas del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza