Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27650

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2021 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2021 das bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG408A).

No Diario Oficial de Galicia nº 184, do 26 de setembro de 2018, publicouse a Resolución do 17 de setembro de 2018, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva, que foi modificada pola Resolución do 6 de agosto de 2020 (DOG nº 166, do 18 de agosto).

No punto terceiro da Resolución do 17 de setembro de 2018 establecíase o crédito dispoñible da convocatoria por un importe de 6.500.000 € distribuídos do seguinte xeito: 500.000 € ano 2018, 3.000.000 € ano 2019 e 3.000.000 € ano 2020, así como a potestade da persoa titular da Dirección Xeral do Igape para amplialo logo de declarar a súa dispoñibilidade nos termos establecidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución publicada para o efecto.

Mediante a Resolución do 6 de agosto de 2020 fixouse no 13 de agosto de 2021 o prazo máximo de execución dos proxectos e no 13 de setembro de 2021 o prazo máximo para presentar a xustificación dos investimentos e, por conseguinte, redistribuíronse os créditos dispoñibles: 4.250.000 € con cargo ao ano 2020 e 2.250.000 € con cargo ao ano 2021.

O amplo número de solicitudes recibidas, así como a calidade destas, fixo insuficiente o crédito estimado para a convocatoria polo que, para posibilitar o apoio a un maior número de proxectos de investimento produtivo na Comunidade de Galicia, faise necesario incrementar o crédito orzamentario inicial en 1.600.000 €.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Artigo único

Amplíase en 1.600.000 €, no exercicio 2021, o crédito dispoñible das bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que queda establecido do seguinte xeito:

Partida orzamentaria

Ano 2020

Ano 2021

06.A1.741A.7701

4.250.000 €

3.850.000 €

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica