Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27649

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes desta consellería non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.

Co obxecto de facilitar a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües, a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, resolve anunciar:

Primeiro

Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación da xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.

Segundo

Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de xuño de 2021 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro

Que os centros que desexen participar nesta convocatoria deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional