Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27652

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 26 de maio de 2021 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2021 das bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG408A).

BDNS (Identif.): 415999.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase en 1.600.000 €, no exercicio 2021, o crédito dispoñible das bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que queda establecido do seguinte xeito:

Partida orzamentaria 06.A1-741A-7701: 4.250.000 € con cargo ao ano 2020.

Partida orzamentaria 06.A1-741A-7701: 3.850.000 € con cargo ao ano 2021.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2021

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica