Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27894

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4053/2019).

Eu, o letrado da Administración de xustiza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Formoso Sobrado, fago saber que nos autos de procedemento ordinario 4053/2019 foi pronunciada sentenza 105/2021, do 26 de febreiro de 2021, firme en dereito, e cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

María Azucena Recio González (presidenta)

José Antonio Parada López

Julio César Díaz Casales

Antonio Martínez Quintanar

A Coruña, 26 de febreiro de 2021.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo que co número 4053/2019 pende de resolución nesta sala, interposto por General de Edificios y Solares S.L., representada polo procurador José Martín Guimaraens Martínez e defendida por Jorge Pérez Maldonado, contra a resolución da directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia do 5 de novembro de 2018, por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se acorda a inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da fábrica da electricidade da Ponte Nova en Betanzos (A Coruña), segundo a descrición e réxime de protección que consta no anexo I da resolución.

É parte demandada a Consellería de Cultura e Turismo, representada e defendida polo letrado da Xunta de Galicia Fernando Juanes García; e parte codemandada o Concello de Betanzos, representado e defendido polo letrado da Corporación municipal Daniel Pereiro Cachaza.

É relator o maxistrado Antonio Martínez Quintanar.

Decido:

Por todo o exposto, en nome do Rei, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta Sala decidiu:

1º. Estimar o recurso contencioso-administrativo interposto por General de Edificios y Solares, S.L., contra a resolución da directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia do 5 de novembro de 2018, por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se acorda a inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da fábrica da electricidade da Ponte Nova en Betanzos (A Coruña), segundo a descrición e réxime de protección que consta no anexo I da resolución.

2º. Anular parcialmente a resolución impugnada declarando que non procede a inclusión no Catálogo do patrimonio das edificacións secundarias (serradoiro, pequeno edificio intermedio, embarcadoiro, esteo e muro).

(…)

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

No que se omite nada anula, modifica ou restrinxe o transcrito.

E para que conste e publicar no DOG, segundo o disposto no artigo 107.2 da LXCA, expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de maio de 2021

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza