Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Silleda (expediente IN407A 2021/66-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis 77, 28033 Madrid.

Denominación: recuamento LMT POR707 no Tellado.

Situación: Silleda.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, en dous tramos:

1. 356 metros; orixe: paso aero-subterráneo (no sucesivo, PAS) no apoio proxectado C-2000/16, punto 1, no tramo POR7075052; final: PAS no apoio proxectado C-2000/16, punto 2, no tramo POR7075052.

2. 429 metros; orixe: PAS no apoio proxectado C-2000/14 no tramo POR7075040; final: PAS no apoio proxectado C-1000/14 no tramo POR7075040.

Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados.

A instalación está situada no lugar do Tellado, no concello de Silleda.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días contado a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 12 de maio de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Silleda; lugar: Barrelas; titular: herdeiros de José Sanmartín Ferreiroa; afección: 16,84 m² para o apoio 1 e 40,04 m² para 13,75 metros de liña subterránea.

Predio 2. Municipio: Silleda; lugar: Prados da Fonte; titular: José Antonio Vidueiras Framiñán e Isabel Sánchez Alonso; afección: 16,84 m² para o apoio 2 e 10,94 m² para 3,93 metros de liña subterránea.

Predio 3. Municipio: Silleda; lugar: Agriño-Castro 7; titular: Antonio Pena Novoa; afección: 16,16 m² para o apoio 3 e 7,48 m² para 2,65 metros de liña subterránea.

Predio 4. Municipio: Silleda; lugar: Agriño; titular: herdeiros de José Sanmartín Ferreiroa; afección: 16,16 m² para o apoio 4 e 10,42 m² para 4,38 metros de liña subterránea.