Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 18 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a citación para o pagamento do prezo xusto pola expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto da liña colectora Ludrio, eixe sur, tramo 2, 132 kV, parque eólico Serra do Punago-A Vacariza-parque eólico Monciro (expediente IN407A 2017/3-0).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no telefono 982 88 90 60, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 18 de maio de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/3-0.

Acto notificado: citación para o pagamento do prezo xusto pola expropiación de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto da liña colectora Ludrio, eixe sur, tramo 2, 132 kV, parque eólico Serra do Punago-A Vacariza-parque eólico Monciro.

Nº predio

Propietario

Polígono

Parcela

Lugar

Data

Hora

41

Hdos. María Antonia Gegúndez Cedrón

7

10441

Concello de Baleira

25.6.2021

12.00

47

Titular descoñecido

67

93

Concello de Baleira

25.6.2021

13.00

84

Pedro Trashorras Valiño

29

237

Concello de Castroverde

24.6.2021

10.30

88

María Inés González Madarro

21

70

Concello de Castroverde

24.6.2021

11.00

128

José López Veiga

32

175

Concello de Castroverde

24.6.2021

12.00