Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (214/2021).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 214/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Peña Bermúdez contra o Fogasa e Almagal S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución na cal consta:

«Resolvo:

Admítese parcialmente a demanda formulada por Miguel Peña Bermúdez fronte á empresa Almagal, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Almagal, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de vinte e un mil trescentos vinte e dous euros con once céntimos de euro (21.322,11 euros), os conceptos salariais xeran o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do prazo indicado.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignada a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. O xuíz que a ditou leu e publicou a presente sentenza no mesmo día da súa data, cando celebraba a audiencia pública. Dou fe».

E para que sirva de notificación na forma legal a Almagal, S.L, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza