Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 27096

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 384/2020).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 384/2020 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Pronored, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

A Coruña, 15 de decembro de 2020.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos número 384/2020 sobre despido, seguidos por instancia de Miguel Amador Souto, asistida da letrada Sra. Pousada Valle, contra Pronored, S.L.

Decido.

Estímase a demanda interposta Miguel Amador Souto, asistida da letrada Sra. Pousada Valle, contra Pronored, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada polo demandado con efectos do 29 de febreiro de 2020, e en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 72,70 euros diarios ou ben, por elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 19.938,05 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercitarse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que optase entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pronored S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da ouficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza