Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 27098

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 108/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 108/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Valero Casal contra Servizos de Seguridade Integral e Mantemento A1, S.L., se ditou a seguinte resolución de dilixencia de ordenación do 5.5.2021, que cita as partes ao acto de conciliación do 17.6.2021, ás 9.15 horas, e ao acto do xuízo do 17.6.2021, ás 9.25 horas.

E para que sirva de notificación e requirimento na forma legal a Servizos de Seguridade Integral e Mantemento A1, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza