Visto o expediente instruído a efectos de transmisión da concesión administrativa e da batea Mabo II, resulta:
a) Antecedentes:
O 20 de abril de 2021, Manuel Ramón Boo Sampedro, no nome e representación de Mejilloneras Mabo, S.L., solicitou autorización para transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Mabo II.
b) Consideración legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
Por todo o anterior, resolvo:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Manuel Ramón Boo Sampedro (***4681**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Mabo II.
Situación:
Cuadrícula nº: 65.
Polígono: B.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 31.3.1965.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: Mejilloneras Mabo, S.L. (B70547443).
Novo titular: Manuel Ramón Boo Sampedro (***4681**).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
– Documento notarial da transmisión ou doazón.
– Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.
Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas da anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 5 de maio de 2021
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña