Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de maio de 2021, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común e das administracións públicas, do 1 de outubro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante visita da Inspección, da Área Provincial de Turismo de Ourense, comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contido nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 12 de maio de 2021

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Café-Bar Anduriña

Restauración Anduriña, S.L.

R/ Curros Enríquez, 43

Xinzo de Limia

Café-Bar Stop

Mesón Antelano, S.L.

Avda. de Madrid, 161

Xinzo de Limia

Café-Bar Serendipity

Geovanny Adrián Santana Paucar

Avda. Habana, 40 b

Ourense

Café-Bar O Meular

Mª Dolores Teixeira Salgado

Avda. de Laza, 58

Verín

Café-Bar Catro Ventos

Gago Martines, S.L.

As Ferreiras, 36

Riós

Café-Bar Frasco

Mª Carmen López Álvarez

As Ferreiras

Riós

Café-Bar O Pazo

Nuria Macía Rodríguez

Lg. Retorta, s/n

Laza

Café-Bar Europa

Mercantil Lebental, S.L.

R/ Dous de Maio, 47

Xinzo de Limia