Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o proxecto de repoboación forestal do monte veciñal en man común Entrudio, Paradela, concello de Viana do Bolo (código RepFor_Entrudio) e o seu estudo de impacto ambiental ordinario.

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese ao trámite de información pública o proxecto de repoboación forestal RepFor_Entrudio, así como o estudo de impacto ambiental ordinario, do monte veciñal en man común Entrudio, Paradela de Rubiais, concello de Viana do Bolo.

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados desdo o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público, para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Ourense (r/ Villaamil y Castro, s/n, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres e na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia

Para efectos deste expediente, o órgano substantivo é o Servizo de Montes de Ourense.

Durante o prazo sinalado as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas ao Servizo de Montes de Ourense a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 11 de maio de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense