Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26812

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 18 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS320A).

Con data do 31 de marzo de 2021, publicase no Diario Oficial de Galicia número 61, a Orde do 18 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS320A).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 8 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 9 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá á entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e no acto de requirimento ditado polo órgano instrutor. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil. Requirimento de emenda das solicitudes na Orde do 18 de marzo de 2021 (código de procedemento BS320A)

Nº exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS320A 2021/014

Concello de Cangas-Oficina Municipal de Voluntariado

P3600800A

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

BS320A 2021/058

Concello de Sarria

P2705700I

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

– Anexo I: adaptar o orzamento solicitado (artigo 6.4) e revisar a data de fin de proxecto.

– Anexo I ou proxecto: o número de persoas beneficiarias non coincide.

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b): adaptar a cantidade indicada nas fontes de financiamento ao artigo 6.4.

BS320A 2021/063

Concello de Viveiro (Oficina Municipal de Voluntariado)

P2706700H

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

BS320A 2021/067

Fundación Baiuca Verdescente

G70542113

– Anexo I: indicar os datos da persoa de contacto, adaptar a data de fin de proxecto (art. 6.2), adaptar o número de persoas voluntarias (art. 2.4), e en consecuencia, revisar os cálculos dos gastos das persoas voluntarias, dos gastos do programa e do orzamento solicitado.

– Proxecto de actividades (art. 8.1.a): adaptar o cronograma de actividades (art. 6.2) e adaptar o número de persoas voluntarias (art. 2.4), e en consecuencia, revisar os cálculos dos gastos das persoas voluntarias, dos gastos do programa e do orzamento solicitado.

BS320A 2021/068

Concello de Tomiño

P3605400E

– Anexo I: adaptar a data de fin de proxecto (art. 6.2) e o orzamento solicitado (art. 6.4).

– Proxecto de actividades (art. 8.1.a): adaptar a terminoloxía da relación coas persoas voluntarias acorde á Lei de acción voluntaria (acordos de colaboración).

– Anexo I ou proxecto: o número de persoas voluntarias non coincide.

BS320A 2021/074

Concello de Santa Comba

P1507800I

– Anexo I: adaptar o número de persoas beneficiarias e as áreas ao indicado no proxecto de actividades.

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

BS320A 2021/080

Concello de Cambre

P1501700G

– Anexo I: adaptar a data de fin de proxecto (art. 6.2).

– Proxecto de actividades (art. 8.1.a): indicar a identificación de problemas e adaptar o ano de actividades indicado na páxina 5.

BS320A 2021/083

Concello de Mos

P3603300I

– Anexo I: adaptar o número de persoas beneficiarias e a data de fin acorde ao indicado no proxecto.

– Proxecto de actividades: adaptar a temporalización ás datas limite acorde ao art. 6.2.

BS320A 2021/085

Fundación Uxío Novoneyra

G27407238

– Anexo I: indicar o orzamento solicitado, revisar a data de fin de proxecto, adaptar o número de persoas beneficiarias ao indicado no proxecto e adaptar o cálculo das persoas voluntarias e das partes do orzamento (art. 6.4).

BS320A 2021/086

Concello de Covelo

P3601300A

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

– Anexo I: indicar nº de persoas beneficiarias acorde ao proxecto.

– Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

BS320A 2021/088

Concello da Pobra do Caramiñal

P1506800J

– Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

BS320A 2021/089

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

– Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

– Anexo I: revisar os datos da entidade solicitante, o NIF da entidade solicitante, os datos da persoa representante, o titular da conta bancaria, os datos da persoa de contacto, adaptar o número de días das persoas voluntarias ao indicado no proxecto e adaptar o orzamento solicitado (art. 6.4).

BS320A 2021/091

Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

– Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

BS320A 2021/095

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

BS320A 2021/096

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

– Proxecto de actividades (art. 8.1.a): adaptar na páxina 3 a data de actividades (art. 6.2).

BS320A 2021/099

Asociación Tempus, de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer

G15681000

– Proxecto de actividades (art. 8.1.a).