Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26617

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (SS 58/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Roberto García González contra Cantarela Restauración, S.L. e outros, en materia de determinación de continxencia, rexistrado como SS 58/2020, se acordou, en cumprimento do artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Cantarela Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 16 de xuño de 2021, ás 9.15 horas, para a dilixencia de identificación de partes nesta oficina xudicial e ás 9.25 horas para o acto de xuízo, na planta baixa, sala 3, no edificio da rúa Berlín. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de citación a Cantarela Restauración, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza