Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26616

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 36/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 36/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanessa Ces Ares contra Boiro Shoes, S.L., Ourense Shoes, S.L., Silleda Shoes, S.L., Carballiño Shoes, S.L., Milladoiro Shoes, S.L., Lalín Shoes, S.L., Pequena Shoes, S.L., A Estrada Shoes, S.L., Cousas de Moda, S.L., Fogasa, Santiago Shoes S.L.U., sobre ordinario, se ditou sentenza de data 3.5.2021, contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de 5 días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Boiro Shoes, S.L., Ourense Shoes, S.L., Silleda Shoes, S.L., Carballiño Shoes 2, S.L., Milladoiro Shoes, S.L., Lalín Shoes, S.L., Pequena Shoes, S.L., A Estrada Shoes, S.L., Cousas de Moda, S.L., Santiago Shoes, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza