Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 28 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso de investigación denominado Manuela número 5285, para recursos da sección C), sito nos concellos de San Amaro e Cenlle (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 23.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do permiso de investigación que se cita:

Nome: Manuela.

Número de expediente: 5285.

Recurso: sección C.

Termo municipal: San Amaro e Cenlle (Ourense).

Titular: Petrolam Infraestructuras, S.L.

Superficie: 5 cuadrículas mineiras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán consultar o proxecto nas dependencias desta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1º, 3ª, 32003 Ourense), ou ben no portal de transparencia da Consellería https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras e poderán presentar alegacións, no prazo de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, por calquera dos medios que establece o artigo 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 28 de abril de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense