Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 10 de maio de 2021 polo que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/40/2013.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 26 de febreiro de 2021, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 13.8.2014, 6.11.2015 e 25.4.2017, nas cales se declaran ilegalizables as obras de reforma e ampliación dunha edificación situada no lugar de Vilapedre, Santalla de Devesa, no termo municipal de Friol, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente, e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Antonio Mourelle Cillero e a Emilio Pirón García, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución os interesados poden interpoñer recurso de reposición, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística