Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a revisión da autorización ambiental integrada para o centro de transferencia e de tratamento de residuos de Ingaroil, S.L.U., no concello de Lugo, provincia de Lugo (expediente 2019-IPPC-M-204).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Modificación da AAI de Ingaroil, S.L., para a súa adaptación á Decisión de execución (UE) 2018/1147 da Comisión, do 10 de agosto de 2018, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no tratamento de residuos, de conformidade coa Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello».

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2019-IPPC-M-204.

Peticionaria: Ingaroil, S.L.U.

CIF: B15399116.

Enderezo social: avda. de Santiago, nº 23, 15840 Santa Comba, A Coruña.

Localización da instalación: polígono industrial da Campiña-Zarra, parcela 16, 27192 Lugo.

Actividade: xestión de almacenamento de residuos perigosos e non perigosos e xestión de valorización de residuos perigosos e non perigosos.

Descrición: na instalación realízase a xestión de almacenamento de residuos tanto perigosos como non perigosos, previamente ao seu envío a xestor autorizado. Unha vez recibidos os residuos procédese á súa separación segundo a súa natureza, estado físico e posterior tratamento que deben recibir, e almacénanse en envases adecuados a cada tipoloxía ou a granel, de ser o caso. Realízase tamén a valorización de residuos de envases metálicos mediante a súa compactación e de residuos de envases plásticos mediante a súa trituración, antes de seren enviados a xestor autorizado.

Non se xeran augas residuais industriais. As augas residuais fecais vértense, sen tratamento previo, á rede de saneamento municipal. As augas pluviais vértense, sen tratamento previo, á rede de saneamento municipal.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2018/1147 da Comisión, do 10 de agosto de 2018, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no tratamento de residuos, conforme a Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello.