Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Integraciones Silleda, S.L. para a explotación de porcas reprodutoras situada no Campo-Vilarullo, Teixeiro, concello de Curtis (A Coruña) (expediente 2019-IPPC-M-148).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Memoria descritiva para revisión da AAI. Explotación porcina en Vilarullo-Curtis».

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-148.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0038_NAA/IPPC_181.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.c.

Titular: Integraciones Silleda, S.L.

NIF: B94064912.

Enderezo social: rúa Santa Eulalia, núm. 18, Silleda (Pontevedra).

Localización da instalación: O Campo-Vilarullo, Teixeiro, concello de Curtis (A Coruña).

Actividade principal: explotación de porcina de porcas reprodutoras.

Descrición: a explotación porcina consta de 1.800 porcas reprodutoras con leitóns ata 20 kg e de 5 verróns para a inseminación das porcas. A instalación posúe un conxunto de fosas interiores e fosas exteriores cubertas que garanten o almacenamento do xurro producido en 6 meses.

Verteduras: as aguas xeradas na limpeza das naves e as augas sanitarias da explotación son recollidas e conducidas cara ao sistema de fosas de xurro, e xestiónanse conxuntamente con este. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo, sen depuración previa.

O xurro xerado será recollido por un xestor autorizado.