Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se notifican as resolucións do recurso de alzada RA/IGVS/CMATV/2021/00006 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentado sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións dos recursos.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2021

Maria Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería
de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

RA/IGVS/CMATV/2021/00006

Yoana Gabarres Conchado

Resolución recurso alzada

RA/IGVS/CMATV/2021/00085

Juan Carballal Argüello

Resolución recurso alzada

RA/IGVS/CMATV/2021/00122

Kiara Mercedes Malpartida Ascaño

Resolución recurso alzada

RA/IGVS/CMATV/2021/00130

María Nidia Herrera Suárez

Resolución recurso alzada

RA/IGVS/CMATV/2021/00133

María Nidia Herrera Suárez

Resolución recurso alzada