Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade O Alcouve da Moura, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, establécese a obrigatoriedade de publicar no Diario Oficial de Galicia a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio domicilio social), da entidade O Alcouve da Moura, S. Coop. Galega, acordada por unanimidade na asemblea xeral do 1 de febreiro de 2021. Consta como novo domicilio social a rúa Pancenteo, 12, do concello do Rosal, provincia de Pontevedra.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos (cambio domicilio social), da entidade O Alcouve da Moura, S. Coop. Galega.

Vigo, 4 de maio de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra