Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25943

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

EDICTO (PO 111/2021).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 111/2021 deste xulgado do social, se ditou a resolución que se cita, cuxo texto íntegro está á disposición do interesado na sede do xulgado:

Decreto do 30 de abril de 2021, contra o cal cabe recurso de reposición no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza