Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25942

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (233/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento 233/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Cerviño Leiro contra a empresa Xescons Rías Baixas, S.L.U., se ditou Sentenza, con data do 20 de novembro de 2020, contra a que cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días, que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Xescons Rías Baixas, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza