Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Maos Innovación Social, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección xeral, o 26 de abril de 2021, resolveu inscribir no Rexistro Central de Cooperativas o acordo de modificación do artigo número 2 dos estatutos sociais, relativo ao domicilio social, da entidade Maos Innovación Social, S. Coop. Galega, acordada na reunión do consello reitor do 23 de novembro de 2020. O seu novo domicilio social é rúa Rodríguez de Viguri, número 6-1º, código postal 15703, concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social