Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da escritura pública de constitución da entidade Unión de Cooperativas Emprendedoras.

En cumprimento do disposto no artigo 134 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e para os efectos previstos nela faise público que esta dirección xeral, o 24 de febreiro de 2021, resolveu depositar a escritura pública de constitución da entidade Unión de Cooperativas Emprendedoras, que resultou cualificada favorablemente e quedou inscrita no Libro de inscrición de asociacións cooperativas baixo o número 16-SCTA.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social