Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 28 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nun procedemento competencia desta xefatura territorial (expediente 2011/187/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación, emprázase a persoa interesada e que se indica no anexo, para notificarlle o acto administrativo ditado no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou do seu representante, debidamente acreditado, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por notificada ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que desde o día seguinte á notificación do dito acto administrativo por comparecencia, terá dez (10) días para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que considere procedente.

Lugo, 28 de abril de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2011/187/27.

NIE: X5999309N.

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do día 22 de abril de 2021.